Ir ao contido

💧 Apache Nifi — 🐳 Instalación

Logo Apache Nifi

Instalación rápida de Apache Nifi empregando Docker

📝 Antes de seguir asegúrate de ter instalado docker no equipo.

Baseado no repositorio do proxecto Apache coa imaxe "non" oficial de Apache Nifi: https://hub.docker.com/r/apache/nifi/.

Imos crear un contedor que terá acceso a un directorio compartido para meter os drivers JDBC e os datasets que precisemos.

mkdir -p $HOME/nifi-compartido/{jdbc,datasets}

docker run --name nifi \
  -p 8443:8443 \
  -e NIFI_WEB_HTTPS_PORT=8443 \
  -e SINGLE_USER_CREDENTIALS_USERNAME=admin \
  -e SINGLE_USER_CREDENTIALS_PASSWORD=EsteEunContrasinalMoiLongo1234567890 \
  -v $HOME/nifi-compartido:/opt/nifi/compartido \
  --restart unless-stopped -d apache/nifi:latest

Se o queremos expoñer á rede local, debemos darlle un nome coa opción: --hostname srvnifiniano e que ese nome responda á IP do servidor.

⚠️ Advertencia: Para conectar emprega localhost como nome da máquina (fai un túnel SSH cando sexa preciso). Do contrario vaiche dar un erro de SNI incorrecto. Se quixeras conectar cun DNS personalizado (por exemplo: nifi.jfsanchez.es) terías que xerar un certificado SSL e mudar o arquivo de configuración de nifi.

Datos de conexión

  • 👤 Usuario por defecto: admin
  • 🔑 Contrasinal de exemplo: EsteEunContrasinalMoiLongo1234567890
  • 📝 Emprega https para conectar. Exemplo: https://localhost:8443. Lembra facer o tunel SSH.

Descargando e configurando o driver JDBC para MySQL

  1. Imos a https://www.mysql.com/products/connector/ e seleccionamos JDBC for MySQL (connector J) → Download.
  2. Select Operating system → Platform independent.
  3. Platform Independent (Architecture Independent) → Compressed TAR Archive → Click dereito no botón Download e copiar a URL da ligazón.

Se quixésemos unha versión antiga (por exemplo a: 8.4.0), teríamos que ir a: https://downloads.mysql.com/archives/c-j/

Podes empregar o seguinte script que baixa as versión anteriormente citadas, descomprímeas e garda o .jar no directorio $HOME/nifi-compartido/jdbc/.

⚠️ Se deixa de funcionar podes corrixilo buscando a nova URL do driver.

wget https://dev.mysql.com/get/Downloads/Connector-J/mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz
wget https://downloads.mysql.com/archives/get/p/3/file/mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz
tar -xzf mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz -C $HOME/nifi-compartido/jdbc
tar -xzf mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz -C $HOME/nifi-compartido/jdbc
mv $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-9.2.0/mysql-connector-j-9.2.0.jar $HOME/nifi-compartido/jdbc/
mv $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-8.4.0/mysql-connector-j-8.4.0.jar $HOME/nifi-compartido/jdbc/
rm -rf $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-9.2.0 $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-8.4.0
rm mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz

Podes empregar un parámetro dentro dun contexto coa ruta completa ao JDBC para engadila rápidamente cando fose preciso. Mira a páxina de parámetros para atopar como configuralo deste xeito.