💧 Apache Nifi — 🧾 Instalación manual
Esta instalación é xenérica para case calquera distribución de GNU/Linux. Recoméndase empregar o docker por ser máis cómodo e rápido.
Descarga, verificación e outras operacións
⚠️ AVISO: Dependendo da versión de Apache Nifi precisaremos como mínimo unha determinada versión de Java (OpenJDK/Amazon Corretto):
- Versión 11 para Apache Nifi v1.2.x.
- Versión 23 para Apache Nifi v2.4.x.
A explicación é para instalar a versión de Apache Nifi 1.24.0, se queres baixar outra versión mira a páxina de descargas: https://nifi.apache.org/download/.
-
Descargamos Apache Nifi 1.24.0 e o seu arquivo de firma (asc):
-
Comprobar a firma (e por tanto a integridade do arquivo e que non foi alterado) é unha boa práctica, así que primeiro baixamos a chave SSH coa que foi firmado o arquivo:
-
E verificamos que coincide:
Se todo coincide dirá "Good signature from ...". En caso de non coincidir a sinatura, debemos comprobar de novo os arquivos, volvelos baixar, revisar o sitio oficial e buscar outra descarga, etc.
-
Descomprimimos Apache Nifi e movemos Apache Nifi dentro do directorio bin que temos creado:
-
Finalmente facemos un pouco de limpieza:
Configuración
Debemos configurar Apache Nifi. Precisamos mudar dous arquivos:
bin/nifi-env.sh
conf/nifi.properties
Editamos primeiro nifi-env.sh
:
Teremos que indicarlle que máquina de Java coller (descomentamos se fai falta o JAVA_HOME e poñémolo como segue):
Agora debemos configurar no arquivo nifi.properties
o porto https, a IP na que vai a escoitar e o interfaz por defecto. Por defecto Apache Nifi abre un porto de xestión aleatorio, máis non abre o porto para a interfaz web.
A instalación é dependente da IP do nodo de login, polo que debemos consultala. A que se pon aquí dase como exemplo e debes mirar a túa.
Miramos a ip co comando ifconfig
, en concreto interésanos a IPv4 (tamén podemos ver as IP con hostname -I
):
eth0: flags=4163<UP,BROADCAST,RUNNING,MULTICAST> mtu 9000
inet 10.10.10.101 netmask 255.0.0.0 broadcast 0.0.0.0
inet6 fe80::0001:0203:0405:0001 prefixlen 64 scopeid 0x20<link>
ether 00:01:02:03:04:05 txqueuelen 1000 (Ethernet)
RX packets 324227052 bytes 234877693356 (218.7 GiB)
RX errors 0 dropped 0 overruns 0 frame 0
TX packets 242422788 bytes 830555348369 (773.5 GiB)
TX errors 0 dropped 0 overruns 0 carrier 0 collisions 0
Debemos escoller un porto non ocupado por ninguén. Recomendación: Colle un porto algo, por exemplo 648XX e substitúe XX polo teu número de usuario.
Anota nalgún sitio a IP do comando anterior o porto que acabas de escoller. Vou empregar de exemplo a IP: 10.10.10.101 e o porto 64801. Ollo! emprega os datos correctos ou non che funcionará.
Editamos o arquivo nifi.properties
:
E cubrimos cos datos anteriores as seguintes variables no arquivo:
nifi.web.https.host=10.10.10.101
nifi.web.https.port=64801
Inicio de Nifi
Dentro de nifi hai un directorio bin que contén os scripts de lanzamento. En concreto interésanos: bin/nifi.sh
Entramos dentro do directorio:
E executamos:
Agora debemos consultar o usuario e clave por defecto en: logs/nifi-app.log
.
Buscaremos o texto "Generated":
Con eses datos xa podemos entrar nun navegador web na IP do nodo do paso anterior (no meu exemplo: https://10.10.10.101:64801). Por favor non esquezas o https.
Para parar Apache Nifi executaremos: