Funcionamento da Formación Profesional (FP) ou Ciclos Formativos

Por: Jose Sánchez — jfsanchez
v 0.2 — Maio 2018 — https://jfsanchez.es
Errare humanum est, sed perseverare diabolicum
Se atopas erros ¡avisáme por correo! AVISO: ESTA DOCUMENTACIÓN NON ESTÁ ACTUALIZADA

En caso de erro, prevalecerá a normativa ou regulamento do centro

Onde se imparten. Tipos de Centros

  • En IES: Institutos de Ensinanza Secundaria
    • As sesións duran 50 minutos
  • En CIFP: Centros Integrados de Formación Profesional
CIFP
Nivéis de acceso e criterios de entrada http://www.todofp.es/sobre-fp/informacion-general/sistema-educativo-fp/como-accedo.html

Ciclo Básico (FP básica)

Cumplir todos estes requisitos:

  • Mínimo 15 anos ate 20-21
  • Ter cursado 2 de ESO
  • Proposto polo profesorado

http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

Ciclo Medio (FP de grao medio)

Cumprir alomenos un dos seguintes requisitos:

  • Ciclo básico de FP,
  • Título da ESO ou superior (Bacharelato),
  • Proba de acceso a ciclos ou
  • Proba de acceso á Universidade para > 25 anos.

Ciclo Superior (FP superior)

Cumprir alomenos un dos seguintes requisitos:

  • Ciclo medio de FP,
  • Ter o título de técnico superior (ciclo superior)
  • Bacharelato
  • Proba de acceso a ciclos superiores (idade mínima: 19 anos)
  • Proba de acceso á Universidade para > 25 anos.

Teño 22 ou máis anos e non teño a ESO nin a FP Básica, quero estudar ¿que opcións teño?

  1. ESA: Educación Secundaria para Adultos
  2. Preparar a proba de acceso a ciclo medio (asequibles) ou superior (máis complexas). A consellería publica as probas de anos anteriores.
  3. Preparar a probas libres dalgún ciclo medio ou superior (complexo) Recomendo falar antes co centro onde as queres realizar para ver se che poden facilitar apuntes.

Organización

  • En todos os niveis son dous cursos.
  • Cada curso ten varios módulos (“asignaturas”) cada un cun número de sesións semanais determinadas.
  • Ao final do segundo, hai un periodo de prácticas chamado Formación en Centros de Traballo (FCT) sen remunerar (existe unha axuda de transporte).
  • Se o alumno pode ir de Erasmus fora, normalmente hai axudas que cubren a estadía, sobre todo nos ciclos básicos e medios, no superior é unha axuda moi pequena. Isto non é posible en todos os centros.

Validacións

Para prácticas FCT, se traballaches antes:

http://www.todofp.es/sobre-fp/formacion-en-centros-de-trabajo/como-conseguir-exencion-fct.html

Para módulos, consultar normativa (en secretaría informan)

  1. Hai que solicitalo nos primeiros 20 días do curso.
  2. Tarda ata mínimo decembro.
  3. Ata que se conceda hai que continuar asistindo a clases (en ciclos en réxime ordinario).

Ausencias en ciclos presenciais

Estou a estudar un ciclo en réxime presencial (ordinario ou modular) ¿qué ocorre se falto?

  • Podes perder a avaliación contínua
  • Pódeseche dar de baixa (deixas de ser alumno)

Non son ausencias xustificables:

  • Ter ou atopar traballo incompatible en horario
  • Estar a facer outro curso ou ciclo (por exemplo, un AFD ou curso do paro)

Por experiencias de cursos pasados, non admito oíntes

Avaliación contínua

¿Qué é a avaliación contínua?

  • A avaliación faise ao longo de todo o curso
  • Consiste en poder empregar varios instrumentos para a avaliación ao longo de todo o curso: Traballos, probas paciais, prácticas, etc. Mesmo hai docentes que non fan exames. (habelos hailos)
  • Hai tres avaliacións no 1ª curso
  • Hai dúas avaliacións no 2º curso (acaba antes por mor das FCT)

Perda de avaliación contínua

O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente, de acordo co establecido no artigo 25.5 da Orde do 12 de xullo de 2011

Unha soa proba e sen recuperación (pode ter varias partes: teoría e práctica).

En ciclos (FP) non hai setembro (salvo na FP Básica)

Cómo se perde a avaliación contínua

  • Cando o alumnado falta un 10% das horas dun módulo de xeito inxustificado ou xustificado:
    • Algún centro pon un % superior para faltas xustificadas.
  • Dase un aviso previo ao 6% das ausencias.
  • Por certo: Tres retrasos contan coma unha ausencia.

Apercemento

É un aviso previo (ao 6%)

Perda ("Comunicación")

Xa non ten remedio

Baixa de matrícula / Baixa de oficio

Implica que o alumno deixa de selo, non pode asistir a clase nin ser avaliado.

Baixa de oficio

  • Normalmente “corre convocatoria”. O alumno esgota unha das catro convocatorias que ten (matrícula) no mesmo centro (dúas por curso, agás excepción ou flexibilización).
  • Se sabes que non asistirás ao curso, date de baixa antes do comezo para que non che corra convocatoria (anulación de matrícula).

Os menores en idade de escolarización obrigatoria, non poden causar baixa (pero si traslado de expediente ou cambio de estudos).

En caso de absentismo escolar, o centro debe avisar aos servizos sociais do concello e a inspección. Nalgúns casos pode intervir a fiscalía de menores por temas de custodia.

As ausencias xustifícanse en documento médico oficial. Os pais só poden xustificar dous días de faltas no curso.

A Consellería ten un protocolo específico a seguir nestes casos e se cita aos pais a reunión.

Tampouco perden a avaliación contínua, pero deben rematar igual os traballos e aprobar as avaliacións parciais para que este beneficio lles sirva de algo.

Cando e cómo ocorre a baixa de matrícula

Nos ciclos presenciais: ordinarios e modulares, dase de baixa ao alumno en calquera destes casos:

  • Á solicitude do/a interesado/a
  • Se non se presenta nos 5 primeiros días do curso
  • Se falta 15 días seguidos no curso
  • Se falta 25 días non consecutivos

Pódense ter en conta as circunstancias persoais e familiares do alumno (hospitalizacións, etc). Hai que falar co/a titor/a neste caso.

Apercemento

É un aviso previo (neste exemplo é o aviso dunha anulación)

Baixa ("Comunicación")

Xa non ten remedio, pero se estás nalgunha situación especial, fala co/a titor/a (exemplo de baixa que corre convocatoria)

Non é escusable traballar ou estar a cursar outro ciclo/curso. Atopar un traballo pode ser causa para pedir anulación de matrícula sen que corra a convocatoria (non sempre e hai que pedilo con antelación). ORDE do 12 de xullo de 2011.

Anulación de matrícula

Consiste en que se deixa de ser alumno e non corre convocatoria.

  • En determinadas circunstancias, por causa persoal grave túa ou de familiares cercanos ou atopar traballo (depende), pode permitirse a renuncia de matrícula sen correr convocatoria aínda empezadas as clases.
  • A renuncia ten que solicitarse sempre cun mínimo de 2 meses antes da avaliación final. Depende do tipo de renuncia, a antelación esixida pode ser maior.
  • Preguntade sempre en secretaría (ORDE do 12 de xullo de 2011)
Titoría

Titoría

  • En todos os niveis hay un docente que exerce as funcións de titoría: Xustifica faltas, firma notas, envía faltas, apercebementos e comunicacións e toma determinadas decisións. É o/a encargado/a do curso.
  • Na FP básica hai unha hora no horario adicada a titoría, no resto de niveis NON.
  • Todos os docentes teñen no seu horario unha hora de atención a pais (sempre en horario lectivo).

Sen bola de cristal intuímos, pero... necesitamos saber

Ponte en contacto co teu titor/a e coméntalle sempre a túa situación persoal ou familiar, sobre todo se che vai afectar aos estudos. Por exemplo:

  • TDA, TDAH.
  • TEA, Asperger…
  • Depresións, ciclotimias, outras enfermidades.
  • Dislexia/Numlexia (discalculia)…
  • Dificultades con algunha materia (sobre todo se tiveches adaptación curricular): linguas, matemáticas, etc.
  • Alerxias ou enfermidades que requiran atención inmediata, para saber cómo reaccionar.
  • Temas de custodia, malos tratos, ordes de alonxamento, acollida...
  • Hospitalizacións frecuentes ou pasadas que che impediran seguir os estudos e che causen dificultades.
  • Se levas moito tempo sen estudar (exemplo: tes 40 anos e levas 20 sen estudar).
  • Calquer outra circunstancia que che poida afectar, todos somos persoas.

Aínda que presentaras papeis nalgún curso pasado, non temos acceso.

Fala con seguridade

  • Podes pedir falar en privado co profesorado.
  • Temos a obriga de gardar segredo sobre temas sensibles, noutros informamos ao resto de docentes con discrección para que teñan en conta e saiban reaccionar ante as posibles circunstancias. Non o comentamos aos teus compañeiros (salvo que nos deas permiso).
  • Dun curso a outro fala co novo/a titor/a, moitas veces a información non se pasa, sobre todo se cambian os profes.
  • Non podemos acceder a moitos dos vosos datos, sobre todo se cambiades de centro. Habitualmente só ao expediente académico (e non sempre).

Por favor, actualiza os teus datos

Pode que necesitemos contactarte.

¿Puxeches datos actualizados na matrícula?

Se non te lembras, escribe nunha folla o teu nome, apelidos, teléfono, dirección e email e dallo ao teu titor/a.

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Requisitos de acceso (fan falta todos):
  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo e non superar os 17.
  • Ter cursado segundo da ESO.

Hai outros casos permitidos, pero entran con menor prioridade

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Tamén pode acceder:
  • Alumnado > 17 anos matriculado en ESO a proposta do equipo docente. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
    • Que non estean en posesión dun título de FP ou ESO

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Permanencia

Máximo repetir unha vez (1+1) cun curso adicional de gracia (1+1+1) se o departamento de orientación o propón (casos excepcionais).

Titulación obtida

Certificado profesional básico. Ao acabar pódese obter o título da ESO (RD 5/2016). So por proposta dos docentes que impartiron clase.

Acceso

A calquer ciclo de grao medio co título de FP Básica (ou co da ESO de obterse). Hai criterios de preferencia de non haber prazas para todos:

www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7199

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Organización

  • Dous cursos
  • Módulos profesionais (en primeiro e segundo curso)
    • Teñen que ver co propio título de FP
  • Módulos comúns (en primeiro e segundo curso)
    • Comuniación e Sociedade (I e II)
    • Ciencias Aplicadas (I e II)

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Primeiro curso:

Hai 3 avaliacións. Convocatoria de Xuño, convocatoria de final de Xuño (asimiladas coma unha) e extraordinaria de setembro.

Segundo curso:

  • Hai 2 avaliacións.
  • Convocatoria de exames finais ordinarios en marzo-abril.
  • Periodo de prácticas (FCT) ordinario de marzo ou abril a xuño (240 horas).
  • A convocatoria final é en xuño.
  • Non hai convocatoria de setembro
  • Se un alumno suspende algún módulo profesional en segundo, quédase de abril a xuño con clases de repaso e examínase en xuño. Neste caso vai ás prácticas a partires de setembro.

Ciclo Básico / FP Básica / FPB

Promoción

En primeiro:

  • Non se pode pasar con ningún dos módulos profesionais suspenso.
  • Non se pode pasar con ambos módulos comúns suspensos.

En segundo:

  • Hai un periodo de prácticas ou Formación en Centros de Traballo (FCT) sen remunerar.
  • De repetir curso se repiten todos os módulos (os aprobados para mellorar nota).

Ciclo Medio / FP Media / Técnico

Ciclo Medio / FP Media / Técnico

Requisitos de acceso (chega con un):

  • Ciclo básico de FP.
  • Título da ESO ou superior (Bacharelato).
  • Proba de acceso a ciclos.
  • Proba de acceso á Universidade para > 25 anos.

Modalidades (depende da oferta do centro):

  • Réxime Ordinario: Habitualmente pola mañá, require matricularse de curso completo (primeiro ou segundo).
  • Réxime Modular: Habitualmente de tardes ou nocturno, permite matricularse de módulos sempre que haxa prazas dispoñibles.
www.todofp.es/sobre-fp/informacion-general/sistema-educativo-fp/como-accedo.html

Ciclo Medio / FP Media / Técnico

Permanencia:

  • Podes matrícularte de primeiro ou segundo curso no mesmo centro un máximo de dúas veces, sempre que non teñas esgotado as catro convocatorias.
  • O módulo FCT so ten 2 convocatorias
  • O módulo de FCT pódese validar con experiencia laboral (de cumprir requisitos).

Titulación obtida:

  • Técnico

Acceso

  • A ciclo superior (FP superior para obter o título de técnico superior).

Ciclo Medio / FP Media / Técnico

Organización

Primeiro curso

  • Módulos profesionais
  • De setembro a xuño
  • Convocatoria final de maio e extraordinaria en xuño

Segundo curso

  • Módulos profesionais
  • Módulo FCT (prácticas en empresa): 400 horas de marzo a xuño.
  • De suspender algún módulo as prácticas móvense a setembro (normalmente: outubro-decembro).

Ciclo Medio / FP Media / Técnico

Promoción

De primeiro a segundo:

Se os módulos suspensos non superan as 300 horas en cómputo total. Tense en conta a duración teórica (decreto de currículum).

De segundo a FCT:

Ter superados todos os módulos.

FCT:

  • Certificado apto da empresa asinado polo titor da empresa.
  • Valoración positiva por parte do docente titor das prácticas FCT.
  • Con todo aprobado obtense o título.

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Requisitos de acceso (chega con un):

  • Ciclo medio de FP,
  • Ter o título de técnico superior (ciclo superior)
  • Bacharelato
  • Proba de acceso a ciclo superior (mínimo 19 anos)
  • Proba de acceso á Universidade para > 25 anos.

Modalidades (depende da oferta do centro):

  • Réxime Ordinario: Habitualmente pola mañá, require matricularse de curso completo (primeiro ou segundo).
  • Réxime Modular: Habitualmente de tardes ou nocturno, permite matricularse de módulos sempre que haxa prazas dispoñibles.

www.todofp.es/sobre-fp/informacion-general/sistema-educativo-fp/como-accedo.html

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Permanencia

  • Podes matrícularte de primeiro ou segundo curso no mesmo centro un máximo de dúas veces, sempre que non teñas esgotado as catro convocatorias.
  • O módulo FCT so ten 2 convocatorias
  • O módulo de FCT pódese validar con experiencia laboral (de cumprir requisitos).

Titulación obtida

  • Técnico superior

Acceso

  • Á universidade.

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Organización

Primeiro curso

  • Módulos profesionais
  • De setembro a xuño
  • Convocatoria final de maio e extraordinaria en xuño

Segundo curso

  • Módulos profesionais
  • Módulo FCT (prácticas en empresa): 400 horas de marzo a xuño.
  • Módulo de proxecto (faise concurrentemente coas FCT).
  • De suspender algún módulo as prácticas móvense a setembro (normalmente: outubro-decembro).

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Promoción

De primeiro a segundo:

  • Se os módulos suspensos non superan as 300 horas en cómputo total. Tense en conta a duración teórica (decreto de currículum).

En segundo, para facer FCT:

  • Ter superados todos os módulos.

Prácticas FCT (Formación en Centros de Traballo):

  • Certificado apto da empresa asinado polo titor da empresa.
  • Valoración positiva por parte do docente titor das prácticas FCT.
  • Módulo de proxecto: Presentación e defensa
  • Con todo aprobado obtense o título de técnico superior.

Ciclo Superior / Fp Superior / Técnico Superior

Módulo de proxecto

Faise simultáneamente coas prácticas FCT.

Máis información:

www.todofp.es/sobre-fp/modulo-profesional-proyecto/que-es-modulo-profesional-proyecto.html

Flexibilización modular

  • No réxime ordinario, consiste en facer un curso en 2-3 anos.
  • Ten que haber causa xustificada e/ou proposta de orientación e informes.
  • Ten que ser aprobado (validación externa).
  • Debe solicitarse antes de comezar novembro (último día hábil de outubro, o informe leva tempo facelo).

FP Dual

Oferta actual: Ciclos medios e superiores

www.edu.xunta.es/fp/admision-fpdual
  • Tes que ter entre 18 e 29 anos.
  • Non ter formación para un contrato en prácticas.
  • Non ter superado ningún módulo do ciclo que se solicite (agás que fose cursado por outro ciclo).
  • Dura entre 2 e 3 anos.
  • Percíbese remuneración mentres estudas.
  • Folleto: www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7187

Normativa aplicable e máis información

www.edu.xunta.es/fp/normativa

Outras webs de interese

Ataca
¿preguntas?