Ir ao contido

💧 Apache Nifi — 🐳 Instalación

Logo Apache Nifi

⚠️ Antes de seguir asegúrate de ter instalado docker no equipo.

Instalación rápida de Apache Nifi empregando Docker

Imos a crear un contedor que terá acceso a un directorio compartido para meter os drivers JDBC e os datasets que precisemos.

mkdir -p $HOME/nifi-compartido/{jdbc,datasets}

docker run --name nifi \
  -p 8443:8443 \
  -e NIFI_WEB_HTTPS_PORT=8443 \
  -e SINGLE_USER_CREDENTIALS_USERNAME=admin \
  -e SINGLE_USER_CREDENTIALS_PASSWORD=EsteEunContrasinalMoiLongo1234567890 \
  -v $HOME/nifi-compartido:/opt/nifi/compartido \
  --restart unless-stopped -d apache/nifi:latest
  • Se o queremos expoñer á rede local, debemos darlle un nome coa opción: --hostname srvnifiniano e que ese nome responda á IP do servidor.

Datos de conexión

  • 👤 Usuario por defecto: admin
  • 🔑 Contrasinal de exemplo: EsteEunContrasinalMoiLongo1234567890
  • 📝 Emprega https para conectar. Exemplo: https://localhost:8443

⚠️ Advertencia: Para conectar emprega localhost como nome da máquina (fai un túnel SSH cando sexa preciso). Do contrario vaiche dar un erro de SNI incorrecto. Se quixeras conectar cun DNS personalizado (por exemplo: nifi.jfsanchez.es) terías que xerar un certificado SSL e mudar o arquivo de configuración de nifi.

Descargando e configurando o driver JDBC para MySQL

  1. Imos a https://www.mysql.com/products/connector/ e seleccionamos JDBC for MySQL (connector J) → Download.
  2. Select Operating system → Platform independent.
  3. Platform Independent (Architecture Independent) → Compressed TAR Archive → Click dereito no botón Download e copiar a URL da ligazón.

Se quixésemos unha versión antiga (por exemplo a: 8.4.0), teríamos que ir a: https://downloads.mysql.com/archives/c-j/

Podes empregar o seguinte script que baixa as versión anteriormente citadas, descomprímeas e garda o .jar no directorio $HOME/nifi-compartido/jdbc/.

⚠️ Se deixa de funcionar podes corrixilo buscando a nova URL do driver.

wget https://dev.mysql.com/get/Downloads/Connector-J/mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz
wget https://downloads.mysql.com/archives/get/p/3/file/mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz
tar -xzf mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz -C $HOME/nifi-compartido/jdbc
tar -xzf mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz -C $HOME/nifi-compartido/jdbc
mv $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-9.2.0/mysql-connector-j-9.2.0.jar $HOME/nifi-compartido/jdbc/
mv $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-8.4.0/mysql-connector-j-8.4.0.jar $HOME/nifi-compartido/jdbc/
rm -rf $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-9.2.0 $HOME/nifi-compartido/jdbc/mysql-connector-j-8.4.0
rm mysql-connector-j-8.4.0.tar.gz mysql-connector-j-9.2.0.tar.gz

Poderíase empregar dentro dun contexto un parámetro coa ruta completa ao JDBC para engadila rápidamente cando fose preciso. Mira a páxina de parámetros para atopar como configuralo deste xeito.