Ir ao contido

🔵 Guía básica de dockers

Instalación de docker en Debian

  1. Crear a máquina en AWS / GCloud / Azure / CESGA Cloud ou instalación local en Microsoft Windows con WSL (Debian ou Ubuntu) e conectarse a ela por SSH. De ser unha instancia na nube, trataremos de elexir unha distribución Debian (recoméndase a última estable).

  2. Actualizamos ata o final a máquina:

    sudo apt update
    sudo apt -y dist-upgrade
    sudo apt -y install curl
    

  3. Executamos o script (guión) recomendado pola páxina oficial de docker:

    curl -fsSL https://get.docker.com -o get-docker.sh
    sudo sh ./get-docker.sh
    

  4. Engadimos o noso usuario ao grupo docker (para evitar empregar sudo):

    sudo usermod -a -G docker $USER
    

  5. Saímos da sesión e volvemos abrila (ou abrimos unha sesión sobre a actual como se indica a continuación):

    sudo su - $USER
    

  6. Probamos o docker de exemplo de hola-mundo:

    docker run hello-world
    

Conceptos básicos de dockers

⚠️ Este resumo contén imprecisións porque pretende ser breve.

mindmap
  root((Docker))
    Contedores
    Imaxes
    Volumes
    Redes
En docker existen os conceptos de: Contedores, imaxes, volumes e redes.

Cando executamos un "docker run", créase un contedor baseado nunha imaxe que se descarga de internet e arráncase. Este contedor é como unha máquina virtual xa configurada e funcionando.

Hai imaxes xa listas en internet: https://hub.docker.com/ ou ben podemos facer a nosa.

Unha vez creado un contedor podémolo parar ou arrancar.

Podemos gardar os datos en volumes ou directorios compartidos. Se non especificamos nada a información queda no contedor ou no volume que cree por defecto (se o crea).

Contedores

  • Ver contedores en execución: docker ps
  • Ver tódolos contedores: docker ps -a
  • Crear un contedor: docker run hello-world
  • Parar un contedor: docker stop [ID ou NOME]
  • Iniciar un contedor: docker start [ID ou NOME]
  • Executar un comando dentro do contenedor: docker exec -it [ID ou NOME] [COMANDO]
  • Ver tódalas opcións do contedor: docker inspect [ID ou NOME]
  • Borrar un contedor: docker rm [ID ou NOME]

👁️ Se queremos que os contedores volvan executarse cando a máquina se reinicie, cando no momento da creación (run) do contedor podemos especificar a opción: --restart unless-stopped

Imaxes

  • Ver imaxes: docker image ls
  • Borrar imaxe: docker image rm [ID ou NOME]

Volumes

  • Ver volume: docker volume ls
  • Borrar volume: docker volume rm [ID ou NOME]

👁️ Se queremos ver os datos dun volume que xa non está asociado a un contedor, podemos crear un contedor temporal para velos: docker run -it --rm -v [ID do volume]:/vol busybox ls -l /vol

Estados dun contedor

---
title: Estados dun contenedor docker
---
stateDiagram-v2
    [*] --> Creado
    Creado --> En_Execución
    En_Execución --> Parado_Rematado
    En_Execución --> Erro
    En_Execución --> Pausado
    Pausado --> En_Execución
    Parado_Rematado --> Erro
    Parado_Rematado --> En_Execución
    Parado_Rematado --> Borrado
    Parado_Rematado --> Morto
    Erro --> En_Reinicio
    En_Reinicio --> Erro
    En_Reinicio --> En_Execución
    Morto --> Borrado
    Borrado --> [*]

Realmente existen 6 estados. O estado borrado é para que se vexa mellor no diagrama máis non é un estado. O Erro ou Morto poden ser o mesmo estado nalgunhas circunstancias.

Máis información acerca dos estados en: https://www.baeldung.com/ops/docker-container-states.

Imaxes oficiales para docker que podes probar

Nesta páxina tes algunhas configuracións rápidas (exemplos xa feitos) baseados nestas imaxes: