🐢 SWAP en GNU/Linux
A SWAP é a memoria virtual en GNU/Linux. Cando se acaba a memoria física, baixanse algunhas páxinas de memoria ao almacenamento secundario adicado especialmente a isto.
Algunhas veces pode que non chegue esta memoria virtual (ou que non fose configurada). Esto podémolo ver co comando:
Se non vemos swap ou creemos que é insuficiente, podemos engadir un arquivo para reservar parte do noso disco a esta memoria secundaria.
Pasos para engadir un arquivo SWAP
- Creamos un arquivo para swap e o formateamos:
- Editamos como root o ´/etc/fstab´. Este ficheiro de configuración indícanos que sistemas de arquivos se usan e se montan no sistema, tanto para o arranque, como para dar permisos de montaxe a usuarios.
- Nese arquivo metemos que o arquivo de swap se monte ao arranque:
Curiosidade: Podes saber cando espacio ocupa un arquivo ou directorio co comando: du -hs /directorio/
- Pon de máscara de permisos 0600 ao arquivo /arquivoswap. Emprega o comando chmod. Estes permisos son bastante restrictivos, non queremos que calquer usuario poida acceder a este arquivo:
- Gardamos o arquivo e logo montamos tódolos arquivos de swap (para non ter que reiniciar a máquina):
- Podemos ver que este espacio de swap foi engadido empregando de novo: