🪄 Ipython: Maxias pitónicas
E outras herbas
Ipython engade algo de funcionalidade na consola: autocopletado, maxias, etc. É un python interactivo. O jupyterlab precisa de ipython e ipykernel para funcionar correctamente.
Podemos lanzar unha consola interactiva de iPython con ese mesmo comando:
(bigdata) PS C:\> ipython
Python 3.8.18 (default, Sep 11 2023, 13:39:12) [MSC v.1916 64 bit (AMD64)]
Type 'copyright', 'credits' or 'license' for more information
IPython 8.12.0 -- An enhanced Interactive Python. Type '?' for help.
Podemos completar ou autocompletar e obter axuda con: TAB, Ctrl+TAB, Ctrl+Espacio...
Tamén temos dispoñibles unha serie de funcións listas para empregar nos notebooks que poden ser moi útiles: https://ipython.readthedocs.io/en/stable/interactive/magics.html
A continuación veremos algunhas.
%time
Permítenos medir canto tempo leva unha execución determinada.
Exemplo:
import time
from random import randint
def tarefa_pitónica():
tempo=randint(1, 10)
print(f'Vaime levar: {tempo}')
time.sleep(tempo)
%time tarefa_pitónica()
%run
Executa scripts externos. Pode ser moi útil para preparar unha contorna cos datos, etc.
%load
Amosa o código e despois o executa
%edit
Abre o código para edición e logo permite executalo
Amosar axuda dunha maxia:
%MAXIA??
%pycat
Amosa o código
%who
Amosa as variables en memoria
%reset
Borra o estado da memoria
%save
Salva o estado da sesión, é dicir, as liñas que foron executadas.
%lsmagic
Lista as diferentes maxias
%env
Amosa as variables do sistema