Ir ao contido

🐍 Conda: Contorno BigData

Este contorno permite facer os exercicios da clase. Imos instalar algunhas librarías básicas, o jupyterlab (para os notebook) e configurar o Visual Studio Code (vscode/code) por comodidade.

Pasos:

  1. Baixa miniconda https://docs.conda.io/projects/miniconda/en/latest/ e instálao no teu equipo.
  2. (Opcional) Mete miniconda no PATH de Microsoft Windows. O instalador di que pode dar problemas, pero é só se temos configuracións previas que empreguen Python e nalgúns casos moi especiais (mira os pasos abaixo).
  3. Actualiza tódolos paquetes do contorno base para que non dea problemas:

    conda update --all
    

  4. Borra o contorno bigdata anterior:

    conda env remove -n bigdata
    

  5. Crea o novo contorno bigdata e actívao:

    conda create -n bigdata python=3.11
    conda activate bigdata
    

  6. Instala os paquetes mínimos que imos precisar

    conda install -c conda-forge jupyterlab ipykernel ipython \
       nbconvert pandas numpy pyarrow fastparquet wordcloud nltk \
       pymysql ipython-sql sqlalchemy selenium requests beautifulsoup4 \
       psycopg2
    

Engadir miniconda ao PATH

GNU/Linux

O instalador ofrécenos por defecto inicializar conda e metela no PATH, deberíamos optar por esta opción.

Se non o fixemos e non queremos executar de novo o instalador coa opción -u, entón podemos engadir ao final do .bashrc (considerando que ocnda estea instalado na ruta por defecto e a nivel usuario):

export PATH=$PATH:$HOME/miniconda3

Microsoft Windows

O instalador tamén ofrece a posibilidade de meter conda no PATH pero o desaconsella, se non o fixeches (non é unha opción por defecto) entón, pódelo meter manualmente como se indica a continuación.

Menú inicio -> Editar las variables de entorno de esta cuenta

Opción do menú inicio

Variables

Premer en "Editar..."

Editando variables

Logo en "Nuevo" e engadir unha entrada por liña

Mirar cal das dúas aplica (mira os directorios e busca onde tes conda instalado)

%USERPROFILE%\AppData\Local\miniconda3\condabin
%USERPROFILE%\Miniconda3\bin

Configurar Visual Studio Code (vscode) con conda e jupyterlab

Instalar plugin de jupyterlab

Selecciona na roda de configuración (abaixo, esquerda) a opción "Extensiones".

Busca "Jupyter" do autor "Microsoft" e instálao.

Configurar a ruta base de conda

  1. Vai á roda de configuración e selecciona configuración (En GNU/Linux: Ctrl+,).
  2. Busca conda path.
  3. No cadro pon a ruta ao executable de conda (conda.bat en Microsoft Windows)
/home/USUARIO/miniconda3/bin/conda

Configurar a terminal

  1. Abre o code.
  2. Abre unha terminal (En GNU/Linux: Ctrl+Shift+`, en Microsoft Windows: Ctrl+ñ) e escribir o comando (en Windows podemos especificar tamén powershell ao final):

    conda init
    

  3. Pecha tódolos terminais e xa podes abrir un que será inicializado no contorno base.