Ir ao contido

🔑 SSH e túneles sen cavar nin picar pedra

◼️ Qué é SSH

Un protocolo cifrado (Secure SHell) para conectar cun servidor e poder enviarlle comandos en modo texto. Permite moitas máis opcións, como por exemplo, redirixir portos.

🗝️ Xerar chave SSH

Hoxe en día deberíamos abandonar a autenticación por usuario e clave en prol dun método máis seguro, o cifrado asimétrico que emprega chave pública e privada.

Dentro do noso HOME (cartafol de usuario). Habitualmente en GNU/Linux: /home/USUARIO e en Microsoft Windows: C:\Users\USUARIO, debe existir un directorio/cartafol .ssh que pode conter o seguinte:

  • 📁 .ssh
    • 📄 known_hosts: Fingerprints dos servidores aos que nos temos conectado. A primeira vez que conectamos cun servidor, avísanos e nos amosa o fingerprint. Teóricamente deberíamos asegurarnos que é correcto para evitar ataques tipo MITM.
    • 📄 authorized_keys: Fingerprints das chaves públicas autorizadas a entrar no servidor.
    • 🔑 id_rsa: Chave privada (non publicar e protexer por frase de paso) permite descifrar/asinar o que se cifrou coa chave pública.
    • 🔐 id_rsa.pub: Chave pública, pódese publicar e subir aos servidores. Débese engadir ao final do arquivo known_hosts para autorizar a nosa chave.

Se non existe, podemos facer unha das seguintes cousas para crealo:

  • Tentar conectar con calquer servidor por SSH. Exemplo: ssh localhost.
  • Xerar unha chave SSH: ssh-keygen.

🪟 Microsoft Windows

Abrimos PowerShell e executamos:

ssh-keygen

Vídeo de Youtube

ssh-keygen en Microsoft Windows

🐧 GNU/Linux

Abrimos unha consola xterm ou similar e executamos:

ssh-keygen

Vídeo en ASCIINEMA

asciicast

🚇 Tunelización SSH: Empregando SSH para redireccionar portos (SSH Port Forwarding)

Se precisamos acceder a un recurso que está detrás dun firewall ou ben non é accesible directamente pero ao que pode acceder un equipo que ten o servizo de SSH aberto e ao que nos podemos conectar, podemos crear un tunel SSH.

Túnel SSH

♵ Tipos de túneles

  • Locales: Abren no noso equipo (no que executamos o comando SSH) un porto. O destino pode ser o mesmo host ssh (localhost) ou outro destino ao que ese servidor teña acceso.
  • Remotos: Abren no porto do host SSH ao que nos conectamos. Podemos exportar un servizo local.
  • Dinámicos: Creamos un proxy socks que pode ser empregado por moitas aplicacións (por exemplo, un navegador).

🔲 Comandos

Nunha consola, chamando SSH directamente podemos facer:

ssh [email protected] -L 1337:172.17.X.X:3306

Sintaxe: -L: Indica local. O número: 1337 representa o porto local que se abrirá no noso equipo. De conectamos a él, levaranos á IP: 172.17.X.X e porto 3306 a través do servidor ao que nos estamos a conectar.