Ir ao contido

🦫 DBeaver e túneles SSH

DBeaver é un programa cliente SQL que permite ver, administrar e xestionar bases de datos. Emprega JDBC para conectarse.

É especialmente útil porque detecta e descarga automáticamente os drivers para moitos tipos diferentes de bases de datos.

Imos ver paso a paso como configurar unha conexión facendo uso dun túnel SSH simple (sen saltar por máis dun host).

Neste exemplo configuraremos un servidor de MySQL que temos instalado mediante docker

  1. Seleccionamos o tipo de base de datos MySQL. Configuración. Paso 1

  2. Na lapela General metemos a configuración básica: Usuario e contrasinal de base de datos, a propia base de datos á que imos conectar (employees) e metemos como servidor localhost e porto 3306 posto que imos redireccionar un porto hacia nos. Configuración. Paso 2

  3. Na lapela Driver properties mudamos o valor de allowPublicKeyRetrieval a TRUE posto que é necesario no caso de empregar cifrado. Segundo a configuración, pode ser necesario. Configuración. Paso 3

  4. Na lapela SSH dámoslle ao lápiz de editar (arriba á dereita, despois de profile). O motivo de facelo dende ahí é poder reutilizar este perfil con máis conexións a BBDD. Configuración. Paso 4-1

  5. Abrirase unha nova ventana, activamos o check Use SSH tunnel. Configuración. Paso 4-2

  6. Activaranse tódalas casiñas a curbir. Na parte de Settings, no Host/IP meteremos o enderezo IP do servidor de SSH e o porto por defecto 22. Cubrimos o usuario e seleccionamos o método de autenticación Private Key. Prememos no 📁 cartafol laranxa e buscamos a nosa chave privada (id_rsa ou equivalente se empregas outra diferente a RSA). No passphrase irá o contrasinal desta chave privada (se o arquivo está protexido). Configuración. Paso 4-3

  7. Seguimos cubrindo datos na parte de Advanced settings. En Local host metemos a nosa IP do interfaz de loopback (127.0.0.1) para non expoñer o servizo á nosa rede, deixamos o porto por defecto 3306 posto que o puxemos no paso 2. En remote host metemos o servidor de BBDD ao que nos queremos conectar: 172.17.0.2 e porto por defecto: 3306. Configuración. Paso 4-3

  8. Co perfil xa seleccionado, podemos premer no botón Probar conexión e finalmente en Finalizar Configuración. Paso 4-4

O programa ten opcións para múltiples saltos no caso que precises conectarte a varios servidores ata chegar á rede de producción.

Ollo, ten en conta que se fas múltiples saltos, a velocidade podería verse diminuida.